Do 10 ao 14 de marzo, todos os centros conmemoraron a Semana da Prensa, celebración que aparece no calendario escolar desde 1989 co fin de integrar os medios de comunicación nas aulas.
Grazas a esta efeméride os escolares complementarán as súas aprendizaxes, utilizando a prensa como un elemento pedagóxico.
Nos, na clase de Casi, tamén utilizamos a prensa como elemento de aprendizaxe e de traballo.
As sesións de traballo desenvolveronse do seguinte xeito:
- Para detectar os coñecementos previos, fixemos unha asamblea sobre a prensa.
- Falamos sobre os diferentes nomes dos xornais.
- Explicamos o que é un titular
- Buscamos as diferentes seccións dun xornal
- Diferenciamos entre noticia e anuncio.
- Buscamos letras e rodeamos as vogais.
- Que tempo fará hoxe? unha forma de coñecer unha das seccións dun xornal e que forma parte, tamén, da rutina da clase: O calendario.
- Diferenciamos entre xornal e revista: calidade do papel, tamaño, colorido...etc
0 comentarios:
Publicar un comentario