.

.

miércoles, 14 de enero de 2015

AGASALLO DOS REIS MAGOS, na clase de Casi

O pasado xoves, 8 de xaneiro, voltamos a clase tralas vacacións de Nadal.
Voltamos un pouco durmidos, cansos do madrugón pero contentos de volver a estar todos xuntos de novo.
Bicámonos, dímonos apertas, contamos o que nos deixaron os Reis magos e Papa Noel.... ata que de repente dímonos conta de que no fondo da clase había algo novo?
Levantámonos rapidamente e descubrimos que era un agasallo dos Reis Magos; en resposta a carta que lles escrobiu o ANPA.
Estábamos ansiosos por ver que había en aqueles dous paquetes; e non nos defraudaron: un xogo de café, tarteiras... e moita comida para xogar!!!!
Moitísimas grazas a ANPA, por escribirlles aos Reis Magos.
Click to play this Smilebox slideshow


0 comentarios:

Publicar un comentario