Hoxe recibimos a visita de Ana, a nai de Alba. Viu a contarnos os contos "El hada acatarrada" e "Caperucita de Colores". Para contarnos o conto "El hada acatarrada" utilizou un "Kamishibai"(Kamishibai, en xaponés, quere dicir "teatro de papel".É unha forma de contar contos moi popular en Xapón. Adoita estar dirixido a nenas e nenos pequenos que van gozar del en grupo. Tamén é utilizado como recurso didáctico. Está formado por un conxunto de láminas que ten un debuxo nunha cara e texto na outra. O seu contido, xeralmente en forma narrativa, pode referirse a un conto ou a algún contido de aprendizaxe.)elaborado por ela mesma. Para acompañar, esta narración, tamén elaborou unha barita máxica, para cada un de nos.
Moitísimas grazas Ana!!!!
1 comentarios:
Que actividad más chula!!!.
No conocía el Kamishibai, está genial.
Publicar un comentario