.

.

sábado, 16 de noviembre de 2013

NUNCABUNGA, teatro na fundación novacaixagalicia

A Fundación Novacaixagalicia deseñou unha programación para a comunidade educativa de produción fundamentalmente galega, un 80 % das obras foron creadas e producidas en Galicia, e inclúe espectáculos e actividades de diferentes disciplinas: arte, música, teatro e cinema dirixidos a diferentes idades e niveis educativos.

Nuncabunga da compañía Elefante elegante é unha obra teatral dirixida a nenos de Educación Infantil, de 3 a 6 anos, que foi galardoada co premio María Casares ao mellor espectáculo. Trátase dunha obra cómica e poética sen palabras que se achega a valores como o respecto, o saber compartir e convivir. A acción desenvólvese nun espazo imaxinario que evoca a proximidade ao mar onde vive unha persoa que construíu o seu fogar nun pequeno recuncho e que un día de tempestade atópase cun estraño, atrapado nunhas redes, como un refugallo máis dos que arrastra o mar. Non ten nin casa nin comida e está decidido a quedar.

Click to play this Smilebox slideshow


1 comentarios:

Sandra dijo...

Sus caras y sus risas lo dicen todo , creo que repiten.
muy divertido.
Gracias
Sandra

Publicar un comentario