Este xoves, os nenos e nenas da clase de 5 anos recibimos unha visita moi especial. As nais de Diego e de Noa tiveron a excelente idea de compartir connosco unha actividade moi divertida: pintamos ovos de Pascua de cerámica. Nati e Ángeles amosáronnos diferentes formas de combinar e mesturar as cores. O resto fíxoo a nosa imaxinación. Ao rematar, regaláronnos ovos de chocolate e léronnos un conto. Foi moi divertido. Velaí o resultado!
Premio en Galiciencia 2018
Hace 6 años
0 comentarios:
Publicar un comentario