.

.

lunes, 4 de febrero de 2013

PASENIÑO COA LINGUA, na clase de Mª JOSÉ



O pasado martes, os nenos e nenas de 5 anos levamos a cabo unha actividade moi divertida. Trasladámonos ao ximnasio para ¡xogar coa lingua! Si, si. Unhas rapazas do departamento de Normalización Lingüística do Concello de Vigo propuxéronos un reto: conseguir as pezas dun crebacabezas xigante con moitas palabras en galego. Para logralo tiñamos que ir superando unhas probas moi divertidas. E así foi. Non hai nada que se nos resista! Ollade que ben o pasamos!


Click to play this Smilebox presentación


0 comentarios:

Publicar un comentario