.

.

miércoles, 27 de febrero de 2013

VISITA DAS NAIS DE SARAH e XIRA, na clase de Casi

Hoxe ao chegar do recreo atopámonos cunha sorpresa na clase. Estaban as nais de Xira e Sarah, Vero e Loli, acompañadas polo pai de Sarah, Rober, e Pablo e Angel, os seus irmáns.
Nada máis entrar na clase atopámonos cun guiñol, "isto prometo" pensabamos todos e todas.
Primeiro merendemos, mentras Pablo e Angel, xogaban cos nosos xoguetes baixo a atenta mirada do pai de Sarah.
Cando rematamos a merenda, comenzou o espectáculo.
Para empezar sentámonos todos e todas, no chan, frente ao guiñol.
Vero e Loli repartiron palomitas de cores a todos e todas e así deu comenzo a obra, titulada: "Os tres porquiños".
Pasamos un rato moi divertido!!!!
Esperamos que volvan outro día cunha nova idea o con outra obra; xa que o fixeron xenial!!!
Noraboa Loli e Vero polo ben que o fixéchedes e tamén a Rober pola sua colaboración.
Moitas grazas!!!!


Click to play this Smilebox slideshow


viernes, 22 de febrero de 2013

CUMPLES FEBREIRO

CLASE DE CASI
Click to play this Smilebox slideshow


CLASE DE CHELO
Click to play this Smilebox slideshow
CLASE DE MARÍA 
Click to play this Smilebox slideshow

viernes, 15 de febrero de 2013

NOVOS VÍDEOS ENTROIDO


CLASE DE CHELO


CLASE DE CASI


CLASE DE MARÍA JOSÉ

jueves, 14 de febrero de 2013

SAN VALENTÍN

Hoxe celebramos o día de San Valentín. Día de celebración do amor pola familia e amigos.

NA CLASE DE CASI
Click to play this Smilebox slideshow

NA CLASE DE CHELO

Na clase de 3, traballamos o día de San Valentín facendo un corazón de cartón a nivel individual, e outros comestibles, nos que participamos todos.
Fomentamos: amizade, compañeirismo, participación, colaboración...etc.
Foi divertido e moi saboroso


Click to play this Smilebox slideshow


miércoles, 13 de febrero de 2013

MÁIS ENTROIDO




viernes, 8 de febrero de 2013

DESFILE DE ENTROIDO

Hoxe celebramos no Cole o tradicional desfile de "ENTROIDO". Este ano o tema elexido foi: "Museo Alborada".
Cada curso ou ciclo elexiu un cadro dun pintor famoso para representar neste Entroido.
Os nenos e nenas de Infantil elexiomos o cadro "Figuras invertidas" de Joan Miró.

NA CLASE DE CASI
Click to play this Smilebox slideshow


NA CLASE DE CHELO


NA CLASE DE MARÍA JOSÉ
O pasado xoves foi unha xornada moi especial. Os nenos e nenas de 5 anos celebramos unha festa de Entroido na que non faltaron piratas, princesas, cabaleiros, superheroes… e ata unha enfermeira! Pasámolo xenial! Houbo moitas sorpresas. Elaboramos unha careta da nosa mascota Aris, degustamos unha merenda especial e bailamos un montón. Non volo perdades!
Click to play this Smilebox presentación

SEMANA DE ENTROIDO, na clase de Chelo

Click to play this Smilebox slideshow


jueves, 7 de febrero de 2013

FESTA DE ENTROIDO, na clase de Casi

Hoxe na clase houbo : princesas, batmans, spidermans, peter pan, bruxas, draculinas....ata un pavo real. Menuda fauna!!!
Pasámolo moi ben, e como en toda boa festa houbo: un bo xantar e un baile para rematar. Pero tamén fixemos unha careta, a que non adiviñades de que?
Pois descubrilo vos mismos!!!
Ata mañan, xa que mañán continuamos de troula.

Click to play this Smilebox slideshow


PREPARACIÓN DO DESFILE DE ENTROIDO, na case de Mª JOSÉ


Na seguinte presentación, os nenos e nenas da clase de 5 anos queremos compartir con todos vós como elaboramos o noso disfrace do cadro de Joan Miró, “Figuras Invertidas”, e os emocionantes momentos previos ao desfile de Entroido. Moitas grazas ás nais que viñeron axudarnos para que todo saíse fenomenal.
Click to play this Smilebox slideshow


lunes, 4 de febrero de 2013

PASENIÑO COA LINGUA, na clase de Mª JOSÉ



O pasado martes, os nenos e nenas de 5 anos levamos a cabo unha actividade moi divertida. Trasladámonos ao ximnasio para ¡xogar coa lingua! Si, si. Unhas rapazas do departamento de Normalización Lingüística do Concello de Vigo propuxéronos un reto: conseguir as pezas dun crebacabezas xigante con moitas palabras en galego. Para logralo tiñamos que ir superando unhas probas moi divertidas. E así foi. Non hai nada que se nos resista! Ollade que ben o pasamos!


Click to play this Smilebox presentación