Hoxe recibimos unha nova visita. Paula, nai de Xavi, Katy, nai de Andrea e Mari, nai de Daniela apareceron por sorpresa na clase. E menuda sorpresa!!! Quedamos coa boca aberta.
Trouxéronnos unhas caixa chea de boliñas de moitas cores.
Ah, pero a sorpresa viu despois, sabedes porque? Pois para pegalas, só tíñamos que mollalas un pouco e xa estaba.
Fixemos moitísimas cousas: flores, casas, helicopteros, serpes, coches, xaulas...etc Tamén é certo que fixo falta moita, pero moita imaxinación; pero quen pode dicir que uns artistas como nos, non víamos todo iso nas nosas creacións?
0 comentarios:
Publicar un comentario