.

.

viernes, 22 de octubre de 2010

Os nenos e nenas de 4 anos visitan as Fundacións: Laxeiro e Caixa Galicia

O pasado día 4 de outubro os alumnos e alumnas de 4 anos visitamos a Fundación Laxeiro e a Fundación Caixa Galicia. Na Fundación Laxeiro coñecimos a obra e a vida de Laxeiro. Ao remate da visita nos confeccionamos as nosas propias obras de arte. A continuación fumos a Fundación Caixa Galicia. Nela visitamos a exposición fotográfica de Ruth Matilda Anderson. Contemplamos fotos da Galicia dos anos 20, viaxamos a cabalo e a pe, visitamos vilas e cidades... Esperamos que disfrutedes coas fotos. Os nosos e nosas compañeiras de 5 anos tamén foron a visitar estas fundacións, pero non temos fotos da súa visita.

0 comentarios:

Publicar un comentario