.

.

viernes, 25 de octubre de 2013

CUMPLES OUTUBRO

NA CLASE DE CASI
Click to play this Smilebox slideshow

NA CLASE DE CHELO
Click to play this Smilebox slideshow


NA CLASE DE YURE
Click to play this Smilebox scrapbook


lunes, 21 de octubre de 2013

"TABLETA MÁXICA", na clase de Chelo

Na clase de 4 anos OTO, sorprendeunos cunha "TABLETA MÁXICA" para traballar a grafomotricidade.
Escribimos co rotulador que vén coa tableta, e borramos con papel, ou tea, para poder utilizala cantas veces queiramos.
Cando a teñamos na casa, seguiremos practicando, para perfeccionar o trazo, e os números.
Xa a rematamos, e gustounos moito.
Botade unha ollada......

Click to play this Smilebox slideshow


PIZARRA DIXITAL, na clase de Yure

Este venres Moncho e mais Bimba tíñanos unha sorpresa preparada, resulta que levaban toda a semana preparando uns traballiños para repasar todo o aprendido neste mes. Pero non uns traballiños normais coma os que temos na clase, traballos para a pizarra dixital!!!
Foi moi divertido escribir coas mans en diferentes cores, borrar na pizarra, tocar cousas e que desapareceran... e o millor foi que fixemos tódolos traballos moi ben e queremos repetir.
Mentres tanto aquí os deixamos a nosa experiencia a ver que vos parece.

Click to play this Smilebox slideshow


viernes, 18 de octubre de 2013

VISITA DA NAI DE EMMA E NOA, na clase de Casi

Hoxe visitounos Sandra, a nai de Emma e Noa. Viu coa intención de facernos pasar un rato agradable; e vaia si o consegiu! Pasámolo xenial!!!
Con Sandra estivemos traballando con una pasta ou plasti, moi ben non sabemos o que era, que se chama "jumping clay".
Que é jumping clay? Pois é un material co que e poden crear un sinfin de experiencias creativas e excitantes. É unha arcila de cores fácil de manipular que estimula os cinco sentidos. Una vez seco o producto non pesa. Tedes, xa, claro o que é?
Pois con este material fixemos un pulpo, con suas patas, ollos e boca; e o decoramos cunha pluma. Despois pegámolo sobre un pau (que Sandra nos deu, e no que xa viña escrito o noso nome).
Jo, que ben o pasamos!!!
Moitísimas grazas Sandra, esperamos que volvas outro día.
Esperamos que vos guste o que fixemos!!!

Click to play this Smilebox slideshow


miércoles, 16 de octubre de 2013

O LIBRO DAS ESTACIÓNS, na clase de Yure

Bimba trouxo a clase de 5 anos o libro xigante das estacións para ensinarnos un montón de cousas que pasan no outono. Caen as follas, os paxaros emigran, comemos castañas... canto aprendimos!!! e moitas cousas mais que xa veremos máis adiante, aqui os deixamos un aperitivo.
Click to play this Smilebox slideshow


martes, 15 de octubre de 2013

O CULLARAPO CROQUE, nas clases de Casi e Yure

O Cullarapo Croque é unha actividade da Concellería de Normalización Lingüistica, a través do servizo de Normalización Lingüistica do Concello de Vigo.
A actividade está dirixida aos cativos e cativas que achega, a través da poesía, valores como o amor, respecto, a perda, a nosa lingua. Traballa relación poesía-música e remata con motricidade.
O cullarapo serve de fio conductor entre os poemas que viven neste libro, de 80 páxinas, cheas de poesía, de fermosas ilustracións e sobre todo de moita doxura. 
O cullarapo Croque é un libro do autor: Miguel Ángel Alonso Diz; que hoxe nos levou e acompañou a través desta viaxe, a través da música e da poesía.
Moitas grazas Miguel!!!
Máis información, sobre este fermoso libro: 

Click to play this Smilebox slideshow


viernes, 11 de octubre de 2013

O COLEXIO CON OTO, na clase de Chelo

En 4 anos estamos a traballar O COLEXIO CON OTO e estamos a aprender a escribir o noso nome....."Alguns xa o sabemos"...e fixemos un debuxo do colexio, (no que estamos con OTO)
Esperamos que vos gusten.
Click to play this Smilebox slideshow


jueves, 10 de octubre de 2013

miércoles, 9 de octubre de 2013

LÚA A MASCOTA DOS NENOS E NENAS DE 3 ANOS, na clase de Casi

Os protagonistas nas clases de infantil, deste ano, son uns canciños chamados LÚA, OTO e BIMBA, que vivían xuntos na casa dun famoso científico, o doutor Emóticus. O científico pasaba moitas horas no seu laboratorio facendo experimentos. O seu obxectivo era encontrar unha fórmula maxistral para facer rir a xente.
Hai tempo, chamaron o doutor Emóticus para que comezase unha investigación moi importante nun lugar afastado, e tivo que marchar de viaxe.
Antes de marchar de viaxe, o doutor Emóticus deixou os cachorros con tres familias veciñas. Ata o seu regreso, cada canciño viviría con elas.
Lúa quedou cos papás de Noa e Mateo. Os seus novos amigos son dous xemelgos de tres anos cos que a cadeliña vive emocionantes aventuras.
Lúa axudará a Noa e a Mateo a enfrontarse a algunhas situacións dificiles. E eles están encantados de tela na casa.
Lúa non é unha cadeliña como as demáis. Desde que se manchou por accidente, ten unha mancha rosa arredor do ollo esquerdo.
Un día, Lúa, Oto e Bimba xogaban no laboratorio do doutor Emóticus, que acababa de inventar un líquido chamado "esencia de confianza".
Lúa mirou co seu ollo esquerdo polo tubo, e manchouno de cor rosa. Desde entón, se Lúa desexa algo con moita forza, mírao, mírao e...chas!, o seu desexo cúmprese.
Os nenos e nenas de 3 anos estamos encantados de tela na clase!

Click to play this Smilebox slideshow


lunes, 7 de octubre de 2013

ESTAMPACIÓNS COAS MANS, na clase de Casi

Durante os primeiros días de clase, despois do periodo de adaptación, ademáis de traballar: hábitos e rutinas; estamos empezando a traballar a cor vermella e as diferentes partes do corpo.
Unha boa proba de como realizamos algúns deses traballos tédelo a continuación, na seguinte reportaxe. Esperamos que vos guste o que estamos a facer na aula!!!

Click to play this Smilebox slideshow