Como LIBRO encerra unha historia que hai que crear e que se creou.
Esta iniciativa ten como obxectivo fomentar o amor cara ao mundo das palabras.
Como VIAXEIRO cada semana entrou no fogar dunha familia co obxectivo de realizar unha actividade colaborativa; e encadeando as historias narradas por cada un das familias da clase.
O noso desexo era tecer unha rede que estreite os lazos entre a escola e a familia a través da creación conxunta dunha historia na que toda a comunidade educativa, o colexio, os nenos e as súas familias sintamosnos implicados.
Para conseguir o obxectivo foi fundamental a colaboración das familias.
O LIBRO ENCADEADO chegou a cada fogar un só venres e regresou ,á aula, o luns seguinte.
Unha vez en casa, cada familia leu todo o escrito anteriormente para así poder continuar a historia.
Os maiores foron os encargados de estimular a creación e de plasmar por escrito como quisechedes que continúe a historia, unha vez chegásedes a un consenso.
Tamén cooperachedes para crear as ilustracións que dan cor e beleza ao texto escrito.
Este é o resultado final do noso "Libro encadeado". Grazas a toas as familias pola vosa implicación e colaboración.
O pasado xoves, dentro das actividades da semana cultural 2015, tivemos o día adicado as ciencias e que no noso cole chámase "Alborciencia".
Nesta xornada recibimos unha pequena clase maxistral por parte dos profes: Alberto e Gali; con eles disfrutamos das ciencias!
Despois visitamos todos os proxectos realizados polos nosos compañeiros de %º e 6º de EP, e de 1º a 4º da ESO. Algúns destes proxectos foron presentados, e algúns deles premiados na: Exporecerca de Ourense, Magma en Barcelona, no concurso Esdelibro....
Oto, a nosa mascota, viviu con nos moitas aventuras durante este curso e nos vivimos moitas avenruras con él; pero a que máis, sin dúbida, foi cando pasou con cad un de nos un fin de semana.
O martes, dentro das actividades programadas na "Semana Cultural", tocoulle o turno as competicións deportivas. Os nenos e nenas de infantil tivemos xogos, e despois participamos, con todos os compañeiros e compañeiras do cole, nos relevos.
O remate do curso está a piques de chegar; e hora de facer un repaso por todos os verdadeiros protagonistas do "Día do conto": os libros e os nenos/as.
Onte, para iniciar a "Semana cultural 2015" tivemos inchables e maquillaxe; actividades organizadas pola ANPA.
Comenzamos saltando no inchable nenos e nenas, para a medida que continuaba a mañán estes nenos e nenas foron convertíndose en: princesas, piratas, hulk, raíñas...etc
Botade unha ollada!
Hoxe recibimos, xa a piques de rematar o curso, unha nova visita: a Irene e Mari, nai e tía de Mariela, respectivamente.
Ainda que andamos un pouco revoltos e traviesos, e cansámolas un pouco demáis; temos que decir que pasámolo muy ben e que nos gustou moito o que fixemos.
Empezamos recortando un círculo para ir,pouco a pouco, engadíndolle cousas ata conevertirse nunha rá. Sí, sí nunha ra!!!!
Despois como rapaces/as maiores que somos sorprendímolas adiviñando todas as adiviñas que nos contaron e, a pesar de que estamos moi faladeiros e pizpiretas regalaronnos unhas piruletas.
Moitisimas grazas Irene e Mari, esperamos que volo pasáredes ben!!!!