Hoxe viñeron a visitarnos: Ana (nai de Alba), Silvia (nai de Adrián Amoedo) e Sandra (nai de Noa e Emma). E que viñeron a facer? Pois montaron unha boa!!!
Primeiro déronnos un mapa do tesouro, desposi marcamos o camiño que tíñamos que seguir para conseguir o tesouro. Despois, Ana, leenos o conto: "O pirata pata de lata".
A continuación fixemos, cada un de nos, un parche para o ollo; mentres, elas, preparaban unhas espadas moi especiales.
Cando todo estivo listo e preparado, fumos a buscar o tesouro; tras unha dura búsqueda o atopamos: moedas de chocolate e unha caixa chea de chupa-chups!!!
Moitas grazas as tres, polo ben que o pasamos!