.

.

jueves, 30 de enero de 2014

DÍA DA PAZ

Durante estes días estivemos a traballar sobre a "PAZ".
Fixemos moitas e diferentes actividades, agora veredes algunha delas.
Destacaremos 3 delas:
Entre todo o Colexio elaboramos un muro físico sobre a PAZ. Para elo, cada un dos alumnos/as do cole fixemos: un debuxo, frase...etc sobre a Paz. 
Cada grupo ou ciclo elaborou unha foto, un vídeo que se proxectou no muro virtual.
Os nenos/as de infantil tamén elaboramos un boneco da paz, coa nosa cara.

NA CLASE DE CASI
Click to play this Smilebox slideshow



NA CLASE DE CHELO

Click to play this Smilebox slideshow


NA CLASE DE YURE
Click to play this Smilebox slideshow


lunes, 27 de enero de 2014

O INVERNO, na clase de Casi

Os nenos e nenas da clase de Casi, xa estamos de volta!!!!
Xa tíñamos ganas de voltar a estar por aquí.
Dende a volta a clase en xaneiro ata hoxe, estivemos a traballar o inverno: as súas características, a roupa desta estación, as froitas e os froitos, a paixase...etc.
Vimos unha película sobre o inverno, fixemos bonecos de neve...etc etc.
O mellor e que vexades o que estivemos a facer.

Click to play this Smilebox slideshow

Tamén os deixamos un vídeo, cunha canción que traballamos coa profe Adela, na clase de inglés, sobre o inverno.

UNHA OBRA DE ARTE, na clase de Yure

A semana pasada seguimos a traballar o tema do corpo con Bimba, presentounos un artista, Keith haring, que realiza obras con siluetas de corpos de persoas, animais... Estivemos buscando as obras máis destacadas do autor e eliximos unha para representala nos na aula. Creamos a nosa propia obra de arte "En Movimiento", a ver que vos parece, estamos feitos uns artistas.
Click to play this Smilebox slideshow


sábado, 25 de enero de 2014

viernes, 24 de enero de 2014

O ESQUELETO, na clase de Chelo

Estes días traballamos os ósos co noso amigo HUESITOS gustounos moito, e elaboramos cada un "unha radiografía" coloreando,picando e pegando un esqueleto.
Botádelle unha ollada.
Click to play this Smilebox slideshow


miércoles, 22 de enero de 2014

martes, 21 de enero de 2014

VISITA DA NAI DE AARÓN, na clase de Yure

Bimba estanos a ensinar cousiñas sobre o corpo: os ósos, os músculos, os sentidos...e o importante que é coidar o noso corpo. Para axudarnos nesta labor tan importante temos os médicos e as enfermeiras, e hoxe visitounos unha enfermeira moi especial, Vanesa, a nai de Aarón. Viu cargada con cousas do hospital e exploramos o fonendoscopio, as xeringas, o tensiómetro... e regalounos unhas mascarillas coma as que ela usa no quirófano.
Aprendimos un montón de cousas e pasámolo en grande xogando a ser doctores. Moitas grazas Vanesa, volve visitarnos cando queiras.
Click to play this Smilebox slideshow


lunes, 20 de enero de 2014

miércoles, 15 de enero de 2014

O CORPO CON OTO, na clase de Chelo

Na clase de 4 estamos a traballar o inverno e o corpo, estes días estivemos a traballar o sentido do oído, co profe Marcos (música), a profe Laura que estará un mes connosco e a profe Chelo. Seguiremos traballando os sentidos, o esqueleto, etc.
Mostrámosvos brevemente parte do que fixemos.

Click to play this Smilebox slideshow