Os nenos e nenas de 5 anos, xa estamos con un pe na Semana do Samaín.
Este venres, observamos, manipulamos e eliximos a cabaza que cada un de nos, xunto con nosos pais, imos decorar nas nosas casas; para despois expoñer no cole.
Despois de tan arduo traballo, nada mellor que repoñer forzas cun exquisito biscoito.
Todolos nenos e nenas queremos agardecer a Conchi, a nai de Hugo, a súa aportación; xa que foi a que trouxo as cabazas para cada un de nos e o riquísimo bizcoito.
A profe Yure, a profe Chelo e o profe Casi tame´n queren darlle as grazas por traerlle unha cabaza para cada clase.